A Tarde
Idoia Cuesta e Elena Ferro: o éxito de manter vivo un oficio
Idoia Cuesta e Elena Ferro son dúas das artesás galegas máis recoñecidas na terra e a nivel internacional. Conversamos con Idoia que continúa traballando dende o seu taller na parroquia de Cela en Outeiro de Rei.
"Cruzo os dedos, pero espero que non me falte traballo", afirma.
Na parroquia de Merza en Vila de Cruces atópase o taller de Elena Ferro. Un lugar centenario que aposta pola innovación na tradición porque "a tradición é viva".