A Tarde
Paloma del Río: "A pandemia prexudicou especialmente as mulleres deportistas que querían ser nais"
Os xornalistas Paloma del Río e Juan Manuel Surroca publican 'Más que olímpicas'. Trátase dun libro en que reúnen historias de mulleres deportistas que deixaron pegada máis aló do deporte.
"O deporte feminino continúa nnha liña ascendente pero moi suave"
Conversamos cunha das pioneiras do xornalismo deportivo en España, Paloma del Río. Analizan o contexto da situación da muller no deporte. A súa presenza non comeza a ser real ata o século XX.
"Hai que quitar o sombreiro ante mulleres como Teresa Portela"
A invisibilidade na prensa, a súa ausencia en postos de responsabilidade deportiva ou a influencia da maternidade na súa carreira deportiva son analizadas no libro. "Non se cuestionan que no caso dunha muller que dá a luz, teña que perder a súa posición deportiva", salienta.