CRTVG

Buscar

A Tarde

Francisco Fernández: "A máis cervexa artesá elaborada, máis nos beneficiaremos"

11/05/2021 - 18:08 h

A Bubela Artesá naceu hai uns cinco anos en Lugo. Transforman produtos ecolóxicos en cervexas e pastas. Visitamos a Francisco Fernández da man de Raúl Villares

"O nexo de unión entre as pastas e as cervexas é o cereal"

A idea orixinal do proxecto era a de facer unha horta ecolóxica. Finalmente, houbo cambios e apostaron por esta liña. "Estabamos rodeados de bubelas cando pensamos o nome", apunta Francisco. 

"Sempre que podemos usamos cereal autóctono"

O compromiso da marca vai ata as materias primas. "Buscamos rescatar as variedades de cereais que se están perdendo", comenta Francisco. Aínda que recoñece que nas cervexas é máis complicado usar cereal autóctono. 

"O consumidor ecolóxico é súper fiel"

Elaboran catro tipos de cervexa. No tocante ás pastas teñen máis variedade con ingredientes como as castañas ou as algas. O seu mercado está nas tendas ecolóxicas, nos locais de hostalería e tamén na chegada paulatina ás grandes superficies. 

 

Revista de información e entretemento