A Tarde
Ramón Ares: "O ritmo vaino marcar o número de vacinas que teñamos"
Este martes comezou en Galicia a vacinación das persoas menores de sesenta anos. Concretamente o grupo comprendido entre os cincuenta e os cincuenta e nove anos. Para esta semana, están citadas unhas 80.000 persoas.
Ruth Lodeiro estivo este martes no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Conversamos co xerente do hospital lucense, Ramón Ares. Coñecemos tamén as sensacións dalgunhas das vacinadas.
Ramón Ares: "A vacinación avanza dun xeito continuo en función da dispoñibilidade"
En Lugo vacinarase este grupo este martes e o xoves. O mércores poñerase a segunda dose das persoas que hai tres semanas recibiron a primeira dose de Pfizer (do grupo de 70 a 79 anos).