CRTVG

Buscar

A Tarde

Pili Pampín: “Teño poucas lembranzas do verán porque meus pais traballaron toda a vida na hostalaría”

10/08/2022 - 16:33 h

Pedímoslle a Pili Pampín que nos fale sobre ‘Aqueles marabillosos veráns’. Nada en Ribasar (Rois), aos dous anos marchou para Teo e criouse canda súa avoa. Seus pais traballaban na hostalaría, así que apenas podía ir con eles á praia.

“Recordo as excursións que faciamos todos co cura da parroquia”, di, e bota un desexo ao aire: “Gustaríame marchar quince días a unha illa coas miñas fillas”.

“Recibo mensaxes por Instagram de xente moza que escoita a miña cancións nos pubs”

“Despois do verán prepararei novas sorpresas con Ortiga”

 

Revista de información e entretemento