A Tarde
Babykatze confirma asistencia nos Atardeceres do Gaiás
Babykatze é un proxecto moi persoal, en que a súa protagonista, Lucila, se encarga de todo: dende compoñer as cancións ata realizar os videoclips ou confeccionar o vestiario. O seu son caracterízase por romper coas etiquetas, introducindo elementos de diferentes disciplinas cunha forte compoñente 'techno'.
A artista arxentina, que xa leva varios anos vivindo en Vigo, ten a súa próxima cita este mesmo xoves. Actuará dentro dos Atardeceres do Gaiás, no icónico monte compostelán.