A Tarde
Miriam Fernández: "Os oficios tradicionais hai que traelos á actualidade"
Da man de Raúl Villares visitamos o taller de tear de Lourdes Otero e da súa filla Miriam Fernández. Xuntas forman o Obradoiro Fusaiola que se puxo en marcha en 2014.
"A que non tiña tear ía tecer á casa da veciña"
Son o exemplo dunha tradición continuada de traballo co liño na parroquia vilalbesa de Insua. A asociación de mulleres da parroquia levou a cabo un traballo de recuperación sobre este oficio tradicional. Algo que permite, por exemplo, que "moitas mulleres teñan unha vellez activa", salientan.
"Plantábase liño en todas as casas"
A situación da parroquia facilitou historicamente o cultivo do liño. É unha zona moi húmida ao estar rodeada polos ríos Ladra e Labrada.
"Deime conta de que temos un potencial na cultura sen explotar"
A raíz da recuperación en Insua, as integrantes da asociación percorreron Galicia facendo demostracións de como se traballa co liño. Algo que tamén lles permitiu coñecer como se facía noutros puntos.