A Tarde
Cans de raza criados a conciencia e con proxenitores campións
Na contorna de Lugo, en Terras de Breogán están especializados na cría de cans de raza. Principalmente son criadores de boston terrier e tamén contan con bulldog inglés ou schnauzer mediano e miniatura.
Conversamos con Iván Díaz, criador dende hai moito tempo. "Sempre os tiven como afección, pero dadas as circunstancias terminei dedicándome a isto profesionalmente", comenta.
"Dende a pandemia, temos unha lista de espera enorme"
As liñas de cría están moi definidas. Varios dos cans son campións de diversas competicións estatais e tamén subiron ao podio de mundiais. "Gástanse moitos cartos nesas competicións", salienta. A selección da raza é un dos aspectos máis importantes.
Iván recoñece o aumento da demanda nos últimos tempos. Aínda que pide que iso non signifique logo un aumento dos abandonos.