A Tarde
Alba Mancebo: "Falade comigo nunha semana cando o asimile"
A xornalista Alba Mancebo é candidata aos Premios Mestre Mateo como mellor comunicadora de televisión polo programa 'Os castros'. Ademais, a serie documental sobre os asentamentos castrexos en Galicia está nomeada entre os catro programas de televisión para levar o galardón.
"É un programa que fixemos con moitísimo agarimo"
O espazo está dirixido por Xosé Manuel Vega e presentado por Alba Mancebo. Dá a coñecer a riqueza do patrimonio castrexo galego. Emitiuse na primeira canle da TVG e pode verse a través da páxina web.
"Estar aí xa é o que me vale"
A gala dos Mestre Mateo desenvolverase o dez de abril. No premio a mellor comunicador de televisión tamén están nomeados Roberto Vilar polo 'Land Rober', Rodrigo Vázquez polo 'Quen anda aí?' e Simone Saibene por 'Cinephilia'.