CRTVG

Buscar

A Tarde

Os Parrandolos de Narón reinvéntanse para festexar o Entroido

10/02/2021 - 18:31 h

A Asociación Cultural Areosa leva case corenta anos vivindo o Entroido da man da comparsa Os Parrandolos. Este ano poñen en marcha unha serie de actividades para seguir dende a casa e facelo de xeito individual. 

"Hai que facerlle humor á cousa porque é o que nos queda. Riremos todos desde a casa"

Raúl Villares conversou con algúns dos seus membros no seu Local de Piñeiro. Maribel Mouríz, Pablo Oseira e Ricardo García relatan o que van facer estes días. Os veciños terán a oportunidade de velos pola rúa sempre cumprindo as normas sanitarias. 

"Se se perde o divertimento, pérdese todo"

Revista de información e entretemento