A Tarde
Cal será a vila medieval galega que terá a súa propia recreación 3D?
A empresa ourensá Navia 3D, cunha traxectoria de só seis meses, desenvolve solucións que permiten aforrar custos e tempo en sectores tan variados como a cultura, o patrimonio, a arquitectura, o do automóbil ou o da moda. Realizan dende prototipos de baterías eléctricas ata maquetas para exposicións ou visitas virtuais por monumentos. A Rita Pérez, unha das responsables de Navia 3D, ilusiónaa especialmente un proxecto sorpresa que recreará en 3D unha vila medieval de Galicia.