A Tarde
O Santo Aparecido
No concello de Pazos de Borbén, no Pousiño atópase o Santo Aparecido. Ninguén sabe o seu nome nin ten igrexa; só unha gran cruz que preside o miradoiro de Berra. Trátase dunha cruz moderna coa imaxe dun santo de pedra cun aspecto moi sinxelo.
Apareceu en 1983 ao realizarse unhas escavacións na contorna. A pesar das incógnitas que o rodean, o Santo conta cunha romaría que se celebra na última fin de semana de agosto. Coñecemos a súa historia da man de Carlos Gabriel Fernández.