A Tarde
Luis Folgar: "En Galicia non se viu como un investimento o coleccionismo"
Na rúa Fonte de San Miguel en Santiago de Compostela sitúase Folgar, un comercio de antigüidades do que é responsable Luis Folgar Rocha.
"Ante a rebaixa, agardemos que a xente se anime"
Actualmente atópase en liquidación por mor da covid. O seu dono afirma que dende a chegada da pandemia non teñen practicamente vendas. "Agora co tema do letreiro parece que a xente se vai animando un pouco. Unido tamén á maior liberdade de movemento", salienta.
"O turismo estranxeiro é o que merca. Estar pechados un ano e pico é mortal para nós"
Visitamos a tenda da man de Raúl Villares. Nela podemos atopar obxectos de porcelana, mobles, lámpadas… "Non hai maneira de especializarse porque tampouco hai grandes coleccionistas", comenta.