A Tarde
O Coro Encaixe crea na Rede á espera de xuntarse en persoa
O Coro Encaixe amosa unha proposta musical diferente. O grupo está formado por dezaoito cantantes profesionais prodecentes de distintos ámbitos.
Intégrano cantantes de grupos como De Vacas ou o Coro da Ra, actores de grupos de teatro como Talía ou A Feroz, persoas da música tradicional ou da televisión.
O grupo presentou un videoclip versionando 'Madera de deriva', de Jorge Drexler e interpretado por Antonio Zambujo e Mon Laferte.
Conversamos con María Pardo, cantante do Coro Encaixe e con Manuel Abraldes, director da agrupación.