A Tarde
Lavar na casa e secar na lavandería, alternativa de inverno
Un dos problemas do inverno é o xeito de secar a roupa. En Galicia o nivel de humidade adoita ser alto polo que dificulta esta tarefa común. Dende hai uns anos, a apertura crecente de lavanderías puxo unha solución a esta problemática.
Conversamos con Santiago Lorenzo, propietario da cadea de lavanderías Caballo Blanco. Confirma o maior uso destes establecemento nesta época.
"Un 60% dos clientes lavan a roupa na casa e logo véñena secar a lavandería"