A Tarde
'Mulleres colleiteiras', unha aposta pola reciclaxe e pola inserción laboral
As ‘Mulleres colleiteiras’ son sete heroínas da reciclaxe de aceite usado na provincia da Coruña. A asociación colleitou o ano pasado 225 toneladas nos colectores de lixo. Trátase dun proxecto que aposta polo coidado do medio ambiente e pola inserción laboral de mulleres en risco de exclusión social. Conversamos con Susana Peña, xerente do colectivo.