A Tarde
Youtubeir@s, camiñando cara á normalización do galego en Internet
Youtubeir@s, os premios dos youtubers en galego, fai xa catro anos. Esta iniciativa posta en marcha polos departamentos de normalización lingüistica de 10 concellos galegos cada ano vai crecendo.
Cando faltan algo máis de dúas semanas para que remate o prazo para apuntarse, as inscricións xa superan o número total do ano pasado.
"Están aumentando en número e en temáticas", explica Mónica Fernández, técnica de normalización lingüistica do Concello de Ourense e coordinadora dos Premios Youtubeir@s.