A Tarde
Unha tenda de Ferrol transforma latas vellas en pezas de arte
Falamos co creador de Dando a Lata. Para iso deixámonos caer por Ferrol Vello onde hai latas con moita arte.
O noso convidado Chencho Lorenzo fai pezas de artesanía ecolóxica de latas vellas. Na súa tenda, unha morea de envases agardan pacientemente transformarse nunha obra de arte ou ter outra vida. Como é esta particular metamorfose? Descubrímolo con Raúl Villares.