CRTVG

Buscar

A Tarde

Youtubeiras presenta a quinta edición apoiando a creación en vídeo en galego

08/06/2021 - 17:06 h

A quinta edición dos premios Youtubeiras xa está en marcha. O prazo de inscrición comeza o 10 de setembro, pero xa se teñen en conta os vídeos subidos á plataforma YouTube en galego

"A xente recoñece o proxecto lendo Youtubeiras co a"

Conversamos con Carme Pereiro, coordinadora do proxecto Youtubeiras. Este ano o lema é "Magnetismo en liña". Ademais o proxecto cambiou de nome no último ano. Do Youtubeir@s pasa a Youtubeiras. 

Poden participar todas as persoas maiores de catorce anos. Mantéñense os doce premios habituais. As categorías de 'canle', 'youtubeira' e 'vídeo' son premiadas con mil euros. No resto de galardóns a contía é de cincocentes euros. 

Revista de información e entretemento