A Tarde
O Pico Sacro en Boqueixón gaña potencialidades coa limpeza da sima
A Federación Galega de Espeleoloxía en colaboración co Concello de Boqueixón desenvolveron as xornadas de limpeza da sima do Pico Sacro. Foi a primeira vez que se realizou esta limpeza en profundidade nas covas.
"Poden quedar entre seis e oito metros cúbicos de pedras"
Conversamos con Francisco Martínez, presidente da Federación Galega de Espeleoloxía. A situación previa estaba impedindo a circulación entre as dúas entradas do pico. Foron retirados uns 3.030 quilos netos de material das covas.
"Estamos traballando nun nivel moi superficial, aínda non en niveis arqueolóxicos"