A Tarde
'Lingua viva' pretende recoller o patrimonio lingüistico galego de xeito colaborativo
O Instituto da Lingua Galega puxo en marcha o proxecto 'Lingua viva'. É unha plataforma que busca recoller o patrimonio lingüístico de Galicia dun xeito colaborativo. Pretende crear un espazo que reúna as doazóns da lingua de todas as falantes do galego vivo.
O proxecto está nunha fase de busca de financiamento a través dun programa de micromecenado habilitado pola Universidade de Santiago de Compostela. Conversamos cunha das responsables do proxecto, Elisa Fernández Rei.