A Tarde
Daniel Minimalia, galego nomeado a un 'Latin Grammy': "Despois deste 2020, a felicidade é dobre"
Daniel Minimalia é un guitarrista e compositor galego que fai música instrumental. Esta é a súa segunda candidatura aos premios Latin Grammy.
O ouresán foi destacado polo seu traballo Terra, onde introduce por primeira vez letra nas súas cancións a modo de colaboracións con outros artistas. Minimalia valora este recoñecemento como "dobremente feliz" por mor da situación complicada deste 2020.