A Tarde
Un proxecto de realidade aumentada para reconstruír a historia de Pontedeume
Pontedeume impulsa o proxecto 'Camiñando polo Pontedeume medieval'. Trátase dunha aplicación de realidade aumentada que permite recrear os lugares máis emblemáticos da historia eumesa.
"Poñemos en valor unha parte moi importante da nosa historia, que en moitas ocasións non é coñecida"
Raúl Villares visitou a localidade e conversou con Yolanda Vázquez, concelleira de Turismo de Pontedeume e co alcalde, Bernardo Fernández.