A Tarde
Galicia terá unha promotora do braille para adultos
Na semana na que se celebra o Día Mundial do Braille, conversamos con Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE en Galicia, para coñecer en que consiste unha nova figura profesional que se implantará en Galicia. A partir do 17 de xaneiro, contaremos cun servizo de promoción do braille para adultos, especialmente pensado para aquelas que non naceron cegas, senón que perderon a visión na súa etapa adulta.