A Tarde
Quen pode beneficiarse das axudas do Plan Renove para a automoción?
A Xunta abre este mes o prazo das solicitudes para acceder ás axudas do Plan Renove Automoción. Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro. As axudas poderán aplicarse aos vehículos adquiridos desde o pasado 1 de xaneiro. Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, explica cales son os requisitos e a forma de proceder.