CRTVG

Buscar

A Tarde

A galego-iraquí Yashmina Shawki, sobre as protestas en Irán: “Esas mulleres son unhas valentes por loitar non só contra o réxime, senón contra a familia”

06/10/2022 - 15:19 h

Mahsa Amini era unha moza iraniana de 22 anos que morreu cando estaba detida por non levar ben posto o veo. A sociedade iraniana botouse ás rúas en solidariedade coa familia da falecida e para denunciar a represión. Así é como vemos imaxes de ducias de mulleres en Oriente Próximo e Occidente cortando o pelo de maneira simbólica.

A xornalista viguesa Yashmina Shawki, de nai galega e pai kurdo-iraquí, achéganos a esta situación: “Estou con elas. Son unhas valentes. Non só están loitando contra o réxime, senón que tamén están loitando contra as súas familias. Non será fácil conseguir un cambio real sen o apoio dos homes”.

[Foto de Europa Press]

Revista de información e entretemento