CRTVG

Buscar

A Tarde

'Sen fronteiras', a convivencia entre Galicia e Portugal na televisión

06/05/2021 - 16:46 h

A produtora M Internacional é a encargada de producir 'Sen fronteiras'. Este programa emítese na TVG e na RTP. Está presentado polo galego Javier Varela e a portuguesa Beatriz Gosta. Percorren lugares de Galicia e Portugal co mesmo topónimo.

"Difundir a nosa cultura por outros países é moi importante"

Conversamos con Mercedes García Nieto, unha das fundadoras do proxecto. Estreárose como empresa co programa 'Musigalité', emitido tamén na Televisión de Galicia. 

"Nos programas de entretemento, ábrense unhas portas moi grandes"

Atópanse no proceso de crear novas ideas. "Temos que idear formatos", afirma. Salienta que o mundo da televisión segue movendo moito. Ademais comenta que as plataformas xa non só apostan pola ficción, senón tamén polos programas de entretemento.

 

Revista de información e entretemento