A Tarde
A torta de Riotorto quere chegar aos cen anos de vida en territorio riotortense
En 1935, os avós de Teresa Canto regresaron a Riotorto logo de emigrar á Arxentina. Seu avó foi panadeiro aló e ao chegar montaron unha panadería. Pero, sobre todo, a súa especialidade eran os doces e trouxo a receita da que sería a torta de Riotorto.
"A receita orixinal veu da Arxentina, pero consolidouse aquí a partir de 1951"
En 1951, os pais de Teresa déronlle continuidade ao negocio. Consolidaron a receita da torta de Riotorto que agora leva setenta anos de vixencia. Teresa rexenta actualmente o negocio, pero xa conta coa axuda do seu fillo José Manuel Seivane.
"É viable grazas a que se manda para fóra"
O proceso é artesanal. Teresa confesa que o amasado segue sendo manual.