CRTVG

Buscar

A Tarde

O Concurso de Tapas Picadillo, un certame gastronómico pioneiro en Galicia

05/10/2021 - 16:41 h

A XVII edición do Concurso de Tapas Picadillo celébrase do 4 ao 14 de novembro na cidade da Coruña. É o concurso gastronómico pioneiro de entre os que se organizan en Galicia e denomínase así na honra de Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo, quen foi alcalde da Coruña entre 1915 e 1917 e ademais escritor e gastrónomo. Falamos sobre isto coa súa neta, Chau Fernández-Gago y Puga.

 

Revista de información e entretemento