A Tarde
Miguel Abraira, candidato ao mellor docente de España: "É importante fomentar o espírito crítico"
Miguel Abraira é profesor no IES San Paio de Tui e candidato ao mellor docente de España. El séntese moi agradecido ao seu alumnado, xa que "non é un premio ao que te presentas, senón que son os demais o que te propoñen".
Probablemente unha das razón polas que o votaron foi pola iniciativa Somos historia, un podcast sobre o temario de selectividade da súa materia. "Cheguei aos meus alumnos e tamén fóra", explica.
Sobre a súa materia di que é importante porque a historia é cíclica e axuda a desenvolver o espírito crítico.