A Tarde
'Documental do noso': O Incio presentado polos seus nenos e nenas
Argumentos para visitar o Incio, evitar incendios ou animar ao aumento da poboación. Son algunhas das razóns que expoñen os cativos e cativas do Incio nun documental en que presentan o seu municipio.
Conversamos co director da peza audiovisual, o mestre Jesús Somoza. Ademais, interviñeron algúns dos rapaces que son protagonistas. Xián, Dana, Aldara e Sara.
"Quedaba unha especie de materia pendente. Visualizar para visibilizar", explica Somoza.
O vídeo supera as 2000 visualizacións en Youtube.