A Tarde
A intelixencia artificial chega ás aulas de bacharelato
A intelixencia articial (IA) é unha materia de presente e, sobre todo, de futuro. Dotar as máquinas de intelixencia para pensar coma humanos é a súa principal razón de ser.
Pero os alumnos que deciden iniciarse neste tipo de estudos universitarios chegan á carreira sen ter coñecementos específicos sobre IA. Isto xa non vai ser un problema, xa que a Consellería de Educación vén de aprobar a introdución dunha materia centrada nesta tecnoloxía no programa de estudos.
A idea é impartir dúas horas semanais en 1º de bacharelato. Falamos con Francisco Javier Bellas, experto en Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, para coñecer un pouco máis deste mundo.