CRTVG

Buscar

A Tarde

Os grelos de Abadín xa están á venda na Rede

05/03/2021 - 17:05 h

Por estas datas, Abadín organiza a súa tradicional Feira do Grelo. A situación sanitaria non o permitiu no 2021. 

Agora os grelos xa é posible conseguilos a través da Rede. En expogrelo.com unha vintena de produtores de Abadín ofrecen o seu produto. 

Conversamos con Begoña Gaute, tenenta de alcalde de Abadín. E tamén falamos con Orsinda, unha produtora. 

Revista de información e entretemento