A Tarde
Lucía Pérez: "Se Eurovisión me pillase agora, outro galo cantaría"
A cantante Lucía Pérez vén de publicar un adianto do que será o seu novo disco. 'Na miña pel' é unha canción na que fala de todas as mulleres que hai dentro dela. Conversamos con ela deste sinxelo, pero tamén sobre a actualidade eurovisiva. Ve as Tanxugueiras con posibilidades? Volvería presentarse ela ao festival se se mantivese o actual formato de levar unha proposta musical propia?
"Sería un soño que Galicia volvese estar presente en Eurovisión, desta vez en galego"