A Tarde
“Aos nenos e aos adultos fáltanos confianza á hora de comunicar”
A Fundación Barrié presenta o 1º Torneo Escolar de Oratoria, dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. Trátase de apostar por unha mellor expresión oral e favorecer as habilidades comunicativas dende ben cativos. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de novembro. Alba Formoso, da escola de debate TALK, dános todos os detalles.