CRTVG

Buscar

A Tarde

Un 23,3% de nenas e nenos en Galicia ten obesidade ou exceso de peso

04/11/2019 - 16:21 h

A obesidade e o exceso de peso infantil son un problema de saúde. Os datos abranguen a idade dende os 2 aos 17 anos. Segundo a Enquisa Nacional de Saúde do Ministerio de Saúde, Consumo e Benestar Social do Goberno de España, preto de 1 de cada 4 nenos e nenas sofre obesidade ou exceso de peso en Galicia. 

Conversamos coa presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito: "É máis fácil previr ca reverter despois esta situación. Estamos nun momento de transición nutricional. Maior consumo de azucre, graxas e alimentos procesados", sinala.

Ademais, contamos coa experiencia de Héctor Castiñeira: "Estamos a tempo. Hai que incentivar o consumo de alimentos nutritivos e facer un chamamento ás administracións e ás empresas privadas para regular a mercadotecnia e a publicidade", destaca. 

Revista de información e entretemento