A Tarde
A OCU sinala que a maior parte das proteccións solares 30 non respectan o medio ambiente
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) analizou as cremas solares. En concreto ás SPF 30. Din que a protección solar é alta, pero moi poucas están libres de ingredientes tóxicos para o medio ambiente.
Conversamos con Eztizen Gregorio, portavoz da OCU. Afirma que escolleron para esta ánalise as cremas de protección 30 ao ter unha alta demanda. Analizaron vinte e cinco produtos cunha selección variada dos seus lugares de venda.
"Hai ingredientes facilmente substituíbles"
Destaca que a protección que se anuncia é a axeitada para as persoas. Non obstante, pon o foco nalgúns ingredientes que afectan notablemente os ecosistemas mariños.