CRTVG

Buscar

A Tarde

O uso dos triángulos será opcional dende xullo e as luces V16 serán as protagonistas

04/05/2021 - 17:18 h

Os triángulos para sinalizar unha avaría ou un accidente na estrada están en proceso de desaparición. Un modelo de alternativa tecnolóxica foi desenvolvida pola startup galega NETUN Soluions en Nigrán

"De ver os problemas en primeira persoa, aparece a solución"

Conversamos co director da compañía, Jorge Costas. Apunta que o crucial é evitar baixarse do vehículo cando temos un accidente. 

"O noso modelo actívase só en contacto co teito do vehículo"

Os dous socios que idearon este proxecto son gardas civís. No seu traballo viron situacións que os impresionaron e que os levaron a deseñar esta idea de luz V16. 

"A tecnoloxía led avanzou o suficiente para ser moito máis visible ca os triángulos"

A partir do 2026, os dispositivos levarán dentro unha tarxeta SIM. Enviarán de maneira anónima os datos da incidencia á DXT. Esa información trasladarase de maneira automatizada a outros dispositivos ou a paneis de estradas. 

 

Revista de información e entretemento