CRTVG

Buscar

A Tarde

Diana Pardo: "Novela romántica erótica, si, pero tamén de desenvolvemento persoal"

04/05/2021 - 16:44 h

A escritora Diana Pardo publica 'Abril descubre el mar y los helados de fresa'. Trátase dunha novela onde o amor verdadeiro e saudable prevalece sobre as relacións tóxicas e os tabús sociais. 

A autora destaca que todos os seus libros teñen moi presente o desenvolvemento persoal. "Os personaxes non teñen nada que ver cando comezan o libro que cando o rematan", apunta. 

"Inspiroume a historia do presidente de Francia"

Diana Pardo fai referencia na publicación ao estigma da diferenza de idade cando a muller é a maior na parella. Salienta que se inspirou na historia do presidente de Francia, xa que a súa parella é vinte e catro anos máis vella.

"Os comentarios sobre ela eran demoledores na prensa. A mesma situación a inversa pasaba en Estados Unidos e non dicían nada", critica. 

"Existen infinitos finais felices"

Diana complementa a escritura coa súa experiencia en comunicación dixital e mercadotecnia de contidos. Con este libro pretende trasladar unha mensaxe de esperanza

Revista de información e entretemento