A Tarde
O comercio galego tamén se reinventa nas rebaixas de Nadal
A campaña de Nadal e Reis supuxo toda a vida unha porcentaxe moi importante das vendas do ano pero con tanto Ciber Monday, Venres negro, Día do solteiro… desvirtuouse un pouco a estacionalidade. Canto cambiaron os hábitos de compra no Nadal? Os pequenos comercios anímanse a comezar as rebaixas antes do tradicional 7 de xaneiro? O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, fai un balance dos últimos tempos.