CRTVG

Buscar

A Tarde

Diana Rodríguez: "Os garabatos dinnos moito da personalidade dun neno"

03/06/2021 - 18:43 h

Volve a Universidade de Verán logo de ser suspendida en 2020. O 21 e o 22 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo desenvólvese un curso para interpretar debuxos infantís

Conversamos con Diana Rodríguez, psicóloga que vai ser a encargada de impartir o curso. 'Interpretar os debuxos infantís: Todo o que din os nenos/as a través dos seus deseños'. 

"Hai indicadores de terrores, de abuso, de maltrato pero tamén de benestar ou de altas capacidades"

A psicóloga recoñece que son moitas as disciplinas que podan dar información sobre o estado dun neno. Pero admite que tamén "hai moitos debuxos dos que podemos sacar o momento en que están os nenos".

Salienta que sempre hai que ter coidado co que se pode detectar. Non é unha verdade absoluta. "Ten que ir acompañado dunhas preguntas e dunha observación. Ás veces só son indicadores dun momento puntual", comenta. 

 

Revista de información e entretemento