A Tarde
Dimas Prychyslyy: "Escribo a novela, o produto fano outros profesionais"
O escritor Dimas Prychyslyy foi galardoado co premio 25 Primaveras de literatura en castelán. O autor publicou a novela 'No hay gacelas en Finlancia'.
"Dar as cousas mastigadas paréceme unha ofensa ao lector"
A soidade enfrontada dende distintos puntos de vista é o nexo da historia. Non retrata unha soa xeración. Catro son as xeracións protagonistas. Nalgúns casos esa soidade é voluntaria, pero noutros é forzosa; "a máis tráxica", en palabras de Dimas.