A Tarde
Isabel M. Portela: "Escribir relatos non é doado"
O coleccionista de cartas de amor é o primeiro libro de ficción escrito por Isabel Mancebo Portela. Negreiresa de nacemento, viviu de pequena no Brasil e de moza, no Reino Unido. Desa experiencia tamén bebe o seu libro. É filóloga, tradutora e xornalista. Xa anuncia que está traballando na súa primeira novela.
"Na novela o que funciona son os personaxes. No relato ten que funcionar a voz narrativa"