A Tarde
O rock and roll como vehículo de valores en Salceda de Caselas
A Banda dos Insectos é un proxecto musical que naceu en Salceda de Caselas dentro do Club de Baloncesto Caselas. É un grupo de rock en galego con cancións relacionadas co baloncesto, a deportividade e o traballo en equipo. Nestes últimos tempos andan presentando o seu audio-libro "Pasando a bóla". Conversamos con Adrián Salgado, batería, cantante e compositor.