A Tarde
Un profe coruñés propón un innovador xogo a partir dunha serie: un asalto ficticio ao Congreso para aumentar as horas de Educación Física
Víctor Arufe é profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña e acaba de recibir un premio internacional polo seu proxecto de innovación e gamificación a partir da famosa serie 'La casa de papel'. O alumnado ten que conseguir puntos a través dunha narrativa baseada nun asalto ficticio ao Congreso para cambiar o currículo educativo e aumentar as horas de Educación Física.