A Tarde
'María Solinha' xa se roda en Vigo da man de Ignacio Vilar
Acusada de bruxería e queimada pola Inquisición. Agora tamén vai ter a súa película. Diferentes escenarios da ría de Vigo forman estes días parte da rodaxe do novo filme de Ignacio Vilar. Sitios como Cangas, Redondela ou Vigo son protagonistas da reconstrución da historia de María Soliña. Un elenco integramente galego.
Remedios Mera conversou co director sobre os primeiros días de rodaxe. O 17 de maio é a data sinalada para a súa estrea.