A Tarde
Juan Carlos Puente: "O can de palleiro non foi apreciado como debería ser"
A raza can de palleiro vai aumentando en número grazas ao traballo do Club da Raza Can de Palleiro. Levan traballando anos pola súa recuperación e conservación.
"É un can pastor, pero tamén de garda, de compañía, bo para as actividades deportivas ou as axudas terapéuticas"
Esta asociación renovou o seu convenio coa Consellería do Medio Rural co obxectivo de seguir divulgando a súas características e habilidades. O can de palleiro non está incluído entre as razas autóctonas produtivas. Por iso o apoio institucional vai por outra vía.
"Conseguimos que a Real Academia Galega cambiara a definición do can de palleiro"
Conversamos con Juan Carlos Puente, presidente do Club da Raza Can de Palleiro. Ao final de 2020 había inscritos no libro xenealóxico uns 1.840 exemplares.