CRTVG

Buscar

A Tarde

María do Ceo anuncia novo traballo mantendo a súa esencia

02/03/2021 - 16:20 h

A artista gravou xa catro temas nos Estudios Edisco da Estrada. Acompañada de Álex Salgado, Xosé Salgado e Kinhos Saburido. Son catro cancións populares portuguesas. 

"Presentar un disco si, pero se non se vende?"

Ante este novo traballo, María do Ceo valora presentar os temas só nas plataformas dixitais. Polo de agora non hai data porque afirma que aínda queda moita música súa publicada que hai que sacar a rúa. 

"Non sacar CD paréceme impensable, pero hai que ir cos tempos"

Nos últimos días, publicou nas súas redes sociais unha nova versión de 'Fíos de vida'. Un tema en que colaborara hai uns dez anos con Enrique Ramil. 

"A xente tomou 'Fíos de vida' como unha canción desta pandemia"

Revista de información e entretemento