A Tarde
A maternidade real, en verso: poesía sobre fecundación 'in vitro', abortos ou estrías
A Tribo de Raquel Rosa comeza decembro co espírito de Nadal ben arriba. Entre tradicións de calendarios de Advento ou elfos divertidos, lembramos a realidade: “Ninguén chega a todo, e non somos peores pais e nais por iso”. Pensamos tamén en posibles agasallos, como o libro ‘La maternidad real en versos y chorradas’, de Laura Torné. Con ela falamos para descubrir como se relata na poesía un proceso de dó xestacional tras un aborto ou a fecundación in vitro. “A maternidade non é tan rosa nin edulcorada como nos din”, sostén.
“Non somos peores nais e pais por non facer todas as tradicións de Nadal cos fillos”