A Tarde
Rogelio Santos, o 'influencer' do mar
Rogelio é, entre moitas cousas, un fenómeno viral do mar, cos seus contidos en redes sociais sobre a pesca sostible e a protección do patrimonio natural. Unha tarefa que leva a cabo grazas tamén aos ánimos que lle deu un dos seus profesores, cando despois de moitos anos retomou os estudos que deixara para traballar de mariñeiro.